Thursday 02 de May de 2024

O Concello adquire maquinaria de limpeza e roza para axilizar as labores de conservación do medio e dos camiños


· Mercáronse, a través dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental, 10 desbrozadoras, 2 sopladores, 2 cortacéspedes e 2 hidrolimpadoras

A Concello de Camariñas, a través da subvención do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), destinou 59.423,21 euros para o proxecto ‘Mellora e conservación do ambiente’ co que se mercou maquinaria de limpeza e roza para axilizar as labores de conservación do medio e dos camiños que realizan os operarios municipais anualmente.

Hoxe recibíronse as ferramentas adquiridas: 10 desbrozadoras, 2 sopladores, 2 cortacéspedes e 2 hidrolimpadoras. O seu fin xeral será servir de apoio a tarefas de melloras medioambientais e contorna verde, protección do medio e prevención e extinción de incendios.

Os operarios municipais requirían dunha maquinaria axeitada para mellorar a eficiencia das súas labores, como poden ser a conservación dos areais, melloras na contorna das parroquias e aldeas, rozas e limpezas de camiños e faixas de biomasa nos núcleos habitados…